Publicador de contidos

Publicador de contidos

O gasto medio previsto nas tendas físicas nas rebaixas de verán é duns 110 euros

O gasto medio previsto nas tendas físicas nas rebaixas de verán é duns 110 euros

Primeira fin de semana de rebaixas, con descontos de entre o 30 e o 50%

 As previsións apuntan a que a roupa e o calzado  liderarán as vendas durante esta campaña

G24.gal 27/06/2026 14:47 Última actualización 27/06/2026 15:13

Primeira fin de semana de rebaixas. Aínda que oficialmente comezan o 1 de xullo, a maioría das grandes cadeas e marcas adiantan os descontos para adaptárense aos hábitos de consumo. Os primeiros comezaron online e desde este xoves nas tendas físicas. As previsións apuntan a que a roupa e o calzado volverán liderar as vendas durante esta campaña. 

"Compramos dous pares de sandalias e uns biquinis tamén". "Mercar roupa para o verán, algún pantalón curto, algún bañador, cousas para usar nesta temporada". " A verdade é que quero aproveitar as rebaixas para mercar algo de roupa, que me fai falta", din tres consumidores.

Nas compras en liña destacan os produtos de electrónica, as viaxes e os artigos de saúde e beleza.  Agárdase que sete de cada dez consumidores aproveiten os descontos para adquirir algún artigo. 
 

"Catrocentos euros en roupa e nalgunha cousa máis". "Douscentos euros ou así, con eso aínda podes comprar". "Arredor de 50 euros". "Pois espero que non moito, a verdade, pero non o sei", din tres consumidores.


O gasto medio previsto nas tendas físicas e de arredor de 110 euros e uns 270 nas compras por internet, un 3 % máis ca no verán anterior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos