Publicador de contidos

Publicador de contidos

A botánica e a cerámica artesanal encóntranse en Lama Zeta

A botánica e a cerámica artesanal encóntranse en Lama Zeta

O mercado reúne en Expocoruña medio cento de proxectos creativos que apostan pola sostibilidade

G24.gal 28/11/2026 21:06

Lama Zeta é un encontro de pequenos proxectos creativos arredor da cerámica, as plantas, a artesanía e o consumo sostible. A segunda edición do mercado reúne en Expocoruña un centenar de propostas e anímanos a  poñer a proba a nosa destreza manual participando nos seus obradoiros.

A experiencia non figuraba entre os requisitos para apuntarse no taller de confección. De feito, esta foi a primeira toma de contacto coa máquina de coser para algunha das participantes.

"É un propósito que teño para 2027: intentar coser algo", recoñece Conchi, lista para comezar o traballo.

O reto, coser un porta ramos coma este e descubrir o pracer de crear cos mans algo persoal e único.

"Anímanos todo o que fagamos nós mesmos e que sexa algo artístico. T odas as alumnas marchan moi contentas", explica Selene Buendía, a profesora do taller.

Creatividade e sostibilidade danse a mans en Lama Zeta, un mercado que conecta pequenos proxectos de artesanía e botánica, pero tamén, e sobre todo, persoas.

"É un lugar no que nos podemos encontrar e descubrir proxectos que só coñecemos a través de Instagram. Aínda que é unha gran ventá, hai que saír e vernos cara a cara", di Thais Suárez, organizadora de Lama Zeta.

Unha oportunidade para atopar pezas especiais e coñecer creadores que apostan por unha forma de consumir máis consciente e respectuosa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade