Publicador de contidos

Publicador de contidos

Co frío aumenta a compra de antigripais e os expertos piden precaución no consumo

Co frío aumenta a compra de antigripais e os expertos piden precaución no consumo

Dende as farmacias advirten que hai que ter especial coidado cando se tomen antiinflamatorios ou antidepresivos

G24.gal 28/11/2026 16:35 Última actualización 28/11/2026 17:00

O regreso do inverno trae consigo unha escena habitual nesta época: as visitas ás farmacias en busca dun alivio para as molestias respiratorias. Gripes e catarros que atopan consolo nos antigripais. Son medicamentos de venda libre, polo que os profesionais avisan de que é necesario un consumo con precaución.

"Os clientes están pedindo antigripais que teñan todas as características. Nós preguntamos cales son os síntomas reais que teñen, porque a xente debería saber que estes fármacos só cóbren síntomas, non van curar, simplemente funcionan para que un se sinta mellor", explica Sara Veloso, farmacéutica na Farmacia FOL Milladoiro. 

"Hai que ter coidado. Moitas veces a xente está tomando algún antiinflamatorio ou ten problemas de tensión. Os antigripais levan antiestamínicos e poden aumentar un pouco a tensión, por exemplo. Algúns levan tamén paracetamol ou ibuprofeno e non se debe facer duplicidade coa medicación do día a día", relata a mesma profesional. 

Moitos dos focos de contaxio atópanse en espazos coma as escolas. Os nenos e as persoas maiores son os principais afectados por estas doenzas. Con todo, hai algún afortunado que aínda pasa estes días de inverno sen doenzas e sen a necesidade de achegarse ás farmacias. 

"Penso que abusamos un pouco deste tipo de medicamentos. Ás veces tardan moito nas citas médicas e as farmacios son a solución rápida".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade