Cargando resultados...
A xente cre que os prezos no mercado a un mes exacto do Nadal xa van caros
O temporal no mar fixo que este mércores houbera pouco peixe e caro
G24.gal
25/11/2026 14:25
Dentro de exactamente un mes estaremos no Nadal. O temporal no mar fixo que este mércores houbera pouco peixe, que fora caro e que, consecuentemente, houbera tamén pouco ambiente nun lugar que adoita estar sempre moi concorrido.
Malia o pouco movemento e, ante a previsible suba de prezos, a xente compra xa para conxelar, sobre todo marisco. Tamén se nota que xa se compra carne, especialmente cordeiro. O ano pasado subiu moito no último mes e por iso a xente adiántase a mercalo.