Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia mellora opcións de pesca no Atlántico con alzas de capturas

Galicia mellora opcións de pesca no Atlántico con alzas de capturas

As taxas do patudo, o bonito do norte e o pez espada son as que máis se incrementan

Foto de arquivo, Europa Press. Foto de arquivo, Europa Press.
G24.gal 24/11/2026 19:38

Os acordos alcanzados na 25ª reunión extraordinaria da Comisión Internacional para a Conservación do Atún Atlántico (ICCAT) melloran as posibilidades de pesca no Atlántico de Galicia e España. O encontro realizado en Vilamoura, Portugal, conclúe con incrementos nas capturas admisibles de patudo, bonito do norte e pez espada do Atlántico sur, segundo informa o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

O aumento nos permisos supón un incremento de 12.000 toneladas no total admisible das capturas (TAC) de patudo, o que o sitúa en 85.000 toneladas. No contexto europeo e español, a subida das cotas é dun 13%. Como consecuencia, a flota española poderá capturar 8.535 toneladas, o equivalente ao 55% do cupo comunitario. A medida beneficia a 588 buques nacionais entre os que figuran máis dun centenar de palagreros de superficie (na súa maioría galegos) e un atuneiro cerquero conxelador galego.

Da mesma maneira, o encontro acorda elevar un 5% o TAC do atún branco do Atlántico norte (bonito do norte) , asignado a España 23.663,4 toneladas, o que representa o 62% da cota da Unión Europea. Súmaselle o aumento das posibilidades de pesca de pez espada do Atlántico sur e a adopción de novas medidas para mellorar a operativa de control na pesquería do atún vermello.

Tiburóns e prohibición de redes de deriva

Despois de 17 anos de negacións, apróbase a solicitude da obriga de desembarcar os tiburóns con aletas adheridas naturalmente ao corpo. 

Da mesma maneira, Iccat acorda prohibir o uso de redes de deriva en augas internacionais do Atlántico. A medida supón a ampliación da restrición xa vixente no Mediterráneo e a resposta a unha demanda histórica do sector pesqueiro español. Estas prácticas rexistran unha elevada incidencia de capturas accidentais de cetáceos, tartarugas e tiburóns pola súa escasa selectividade.

Finalmente, o balance da reunión recolle a armonización do calendario de implantación de materiais biodegradables nos dispositivos de concentración de peixes (DCP) co de outras organizacións rexionais de ordeación pequeira, facilitando unha adaptación máis gradual e viable para a frota atuneira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade