Publicador de contidos

Publicador de contidos

Armadores de Marín reclaman compensacións tras o peche do caladoiro de Mauritania

Armadores de Marín reclaman compensacións tras o peche do caladoiro de Mauritania

O vencemento do pacto pesqueiro da UE con Mauritania obrigou abandonar o caladoiro a unha trintena de barcos españois, cinco deles con base en Galicia

 O Ministerio de Agricultura e Pesca pídelle a Bruxelas que manteña as negociacións para pechar un novo protocolo canto antes

Os armadores de Marín consideran inviable para os arrastreiros de fresco o caladoiro alternativo de Guinea-Bissau

G24.gal 15/11/2026 19:26

O vencemento do protocolo pesqueiro entre a UE e Mauritania obriga a abandonar o caladoiro a trinta barcos españois, cinco deles con base en Galicia: tres arrastreiros de fresco en Marín, un de arrastre de fondo en Burela e un cerqueiro conxelador na Coruña. Para paliar esta saída forzosa, o Ministerio de Agricultua e Pesca sinala que a frota dispón temporalmente dos caladoiros alternativos de Portugal e Guinea-Bissau, e que a este último pode dirixirse a maioría dos barcos afectados. Os armadores de Marín considean que esta alternativa non é viable para os arrastreiros de fresco e reclaman medidas compensatorias.

"Se hoxe para trasladar o noso peixe desde Mauritania ata España tardamos aproximadamente tres días por vía terrestre, pensar en facelo desde Guinea Bissau, que é o único caladoiro alternativo, serían seis ou sete días, e iso é completamente inviable para o peixe fresco. Ten que haber unhas axudas, con cargo aos orzamentos da UE. Hoxe o Fondo Europeo da Pesca non o permite, pero está previsa unha modificación", asegura o xerente da Organización de Produtores de Pesca do porto e ría de Marín, Juan Martín.

O ministro de Agricultura e Pesca, Luis Planas, instou á UE a seguir negociando con Mauritania para alcanzar un novo pacto canto antes. Desde a Organización de Produtores de Marín advirten dun grave impacto económico. Din que a perda deste caladoiro, no que levan case 30 anos de xeito continuado, pon en risco 54 empregos directos e ata 9 millons de euros de facturación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade