A música medieval ponse de moda en Lugo
Os restauradores do Centro de Artesanía e Deseño de Lugo organizan cursos con preto de medio cento de alumnos
A música e os instrumentos medievais son uns dos moitos tesouros que agocha Galicia. Moitos profesionais dedícanse a fabricar reconstruccións para que a nosa historia teña máis vida que nunca. Un exemplo podémolo ver no CENTRAD, o Centro de Artesanía e Deseño de Lugo.
"Traballamos na interpretación de instrumentos medievais, feitos no noso obradoiro ou en obradoiros particulares. Son froito das investigacións de fai moitos anos sobre os tesouros que temos en Galicia", comenta Francisco Luengo, director do curso Os Camiños das Murallas.
Un traballo de moitos anos que queren compartir coa xente. É por iso que unha vez ao ano organizan un curso onde cerca de medio cento de persoas aprenden a cantar, tocar instrumentos ou reconstruílos.
"Ademais de ter a colección, podemos darlle un uso útil para a sociedade. O mellor uso útil e darlle salida aos instrumentos e que podan ser tocados e ser participativos", afirma o profesor Antonio Franco.
O curso, chamado 'Os sons do Camiño', atrae galegos, pero tamén a xente de fóra de Galicia, converténdose así nun foro ideal para que os afeccionados a este tipo de música poidan poñer en común a súa paixón.