Publicador de contidos

Publicador de contidos

Adrián Pereiro constrúe un chelo con sete madeiras do país e catro historias de vida

Adrián Pereiro constrúe un chelo con sete madeiras do país e catro historias de vida

Un chelo, catro historias financiouse a través da bolsa de Ensaia, sustentada polas achegas anónimas de 200 persoas

As madeiras coas que se construíu o chelo foron doadas e teñen detrás historias de vida vinculadas ao rural

O proxecto tenta avaliar o emprego de madeiras autóctonas na construción de instrumentos de música antiga  

G24.gal 11/01/2026 17:01 Última actualización 11/01/2026 18:50

O chelista Saúl Nogareda afina o chelo galego, un prototipo construído con madeiras do país polo luthier Adrián Pereiro, a partir dun orixinal italiano de comezos do século XVIII.

Seleccionou as madeiras polas súas propiedades acústicas, pero detrás delas están tamén os territorios e as historias das persoas que os habitan. 

"Aquí temos madeiras como o piñeiro de Oregón, plantado en Galicia, que pertencía a un escultor, Iván Matos, que ten o proxecto de facer esculturas con motoserra. O castiñeiro é dunha casa de máis de cen anos, era o chan da casa. A cerdeira era unha peza para un escultor, e o teixo vén de Casaio, un dos redutos máis importates de teixo en Europa", explica o luthier Adrián Martínez Pereiro.

Na construción de instrumentos de corda frotada emprégase tradicionalmente especies como o abeto ou o ébano, pero a dificultade de garantir a subministración de madeiras de primeira calidade obriga a buscar alternativas autóctonas. 

"A idea é que cerca dun 30 ou dun 40% de materia prima local poida ser utilizada no futuro. É certo que na tapa seguimos tendo en conta que a madeira raíña é a do abeto", explica o Adrián Martínez Pereiro.

A historia da construción do chelo galego cóntana nun documental e con concertos didácticos por toda Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade