Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fornada tradicional en Niñodaguia para poñer en valor a súa olería

Fornada tradicional en Niñodaguia para poñer en valor a súa olería

Foron moitos os que se vestiron de época para recrear o traballo que durante anos foi o principal sustento económico da parroquia

(TVG)
G24.gal 11/04/2026 15:08

A parroquia de Niñodaguia, en Xunqueira de Espadanedo, viaxa ao pasado para celebrar a súa Fornada Tradicional. Para elo, volve este sábado a comezos do século XX. Foron moitos os que se vestiron de época para recrear o traballo que durante anos foi o principal sustento económico da parroquia.

A xornada festiva quere poñer o valor a olería tradicional de Niñodaguia, unha parroquia orgullosa dunha materia prima especial, o barro que custodia o Monte do barro, e que é a base dunha olería singular: o “barro amarelo” que diferencia estes “cacharros” doutras olerías.

Logo da inauguración chegou a procesión das 'apañadeiras', as mulleres que ían polas casas recollendo as pezas para levalas ata os fornos públicos en que se cocían. Mulleres que conducen sobre as súas cabezas o froito dos cacharreiros: ondas, canecos, fontes, barreñóns, son conducidos aos fornos onde, meticulosamente colocados polos homes e coma se dun tetris se tratase, organízanse os distintos cacharros nos vellos fornos de pedra.

Este espectáculo é acompañado de música tradicional nun fiadeiro onde se dan cita algúns dos mellores grupos tradicionais da provincia, tamén un pequeno obradoiro de baile e visita guiada ao Museo de Niñodaguia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade