Publicador de contidos

Publicador de contidos

Día grande na Pobra do Caramiñal coa procesión das Mortallas

Día grande na Pobra do Caramiñal coa procesión das Mortallas

Algúns ofrecidos desfilan con hábito morado e descalzos. Outros portan cadaleitos

G24.gal 20/09/2026 13:26

As festas do Nazareno na Pobra do Caramiñal inclúen unha das citas relixiosas máis peculiares de Galicia.

"Emocionante. Isto é precioso", conta unha das devotas.

A procesión das Mortallas saíu pouco antes do mediodía da igrexa de Santiago do Deán, seguindo unha tradición que mestura relixiosidade e lenda e que tería a súa orixe hai cinco séculos. 

"Sempre hai cousas polas que pedir e vir. E con ela vimos sempre". "Ofreceume miña nai e vimos todos os anos á misa e á procesión. E a amiga acoplouse comigo e estou moi orgullosa de vir con ela", explican dúas participantes na procesión.

As persoas "ofrecidas" percorren coa procesión as rúas da vila. Algunhas con hábito morado e descalzas. Outros devotos portan cadaleitos como agradecemento por ter superado algunha enfermidade e seguir con vida.

"A procesión é grande, pero vaise perdendo. Antigamente era moi grande, había moitísimas caixas, pero a xuventude non é coma a de antes", di unha veciña.

A procesión das mortallas ten a declaración de interese turístico de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade