Proxectos de investigación convertidos en vida
A AECC, que este xoves celebra o Día mundial da investigación do cancro, cun claro obxectivo: aumentar a supervivencia dos pacientes oncolóxicos de aquí o ano 2030
É unha foto do CiMU que concentra talento, coñecemento, medicina e pacientes oncolóxicos. Eles son os actores necesarios, xunto ao financiamento, para que un proxecto de investigación contra o cancro teña sentido.
"Eu a día de hoxe traballo no gliobastoma que é un tipo de tumor cerebral, dos máis comúns e cunha taxa de mortalidad moi alta. Nós temos unha molécula que neste caso é un anticorpo que se dirixe directamente a este receptor. Agora quremos mudar o isótopo radioactivo por un terapeutico para que dirixa o tumor e facer unha radiación interna dirixida", di Enma Ramos, unha das investigadores do CiMU.
Grazas á ciencia, aos tratamentos e aos diagnósticos poden ser máis personalizados, o que aumentou considerablemente nos últimos anos a súa supervivencia.
"Por iso os investigadores son tan importantes e de aí, cunha das nosas liñas estratéxicas sexa precisamente apoiar as investigacións e os investigadores", asegura Javier Álvarez, presidente a AECC na provincia da Coruña.
Este 24 de setembro celébrase o Día Mundial da Investigación do Cancro, convertendo proxectos de investigación en proxectos de vida.
"Avanzamos moito en tratametos, son moi caros. pero hai que seguir traballando e avanzando. Pero se puideramos anticiparnos aos problemas, saber quén vai a telos antes. Penso que isto é o futuro", conta Ángel Carracedo, profesor da USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.
Predición e investigación que permitirá chegar ao 70 % da supervivencia de aquí ao ano 2030.