Nova edición da carreira de burros de Escairón, unha das competicións máis singulares e divertidas de España
Nova edición da carreira de burros de Escairón, unha das competicións máis singulares e divertidas de España
A competición leva celebrándose dende hai máis de 70 anos como ramo ás festas patronais de Escairón
Máis de 5.000 persoas achegáronse a este hipódromo rural, que cada ano vai gañando máis público
Nin é o Gran National, nin compiten puro sangue, nin falta que fai. A carreira anual de burros de Escairón é singular, divertida e con gran poder de convocatoria. Máis de 5.000 persoas achegáronse a este hipódromo rural.
Dinamita, o gañador dos últimos anos, era o o gran favorito do derbi.
"Veño con Dinamita outro ano máis ver que pasa, xa é tradición, dende pequeno vimos e agora un ano máis", contábanos Sergio Freire, xinete de Dinamita.
Sempre hai valores emerxentes que buscan destronar o rei.
"Hai rival, xa vén xente de Asturias e competimos contra eles en Padrón, pero gañou Dinamita... a ver hoxe", explicaba Sergio Freire antes da carreira.
Pero ao final non o conseguiron e Moro do País Vasco, que se fixo co triunfo. O público estivo entregado e houbo 24 burros participantes.
A competición leva celebrándose dende hai máis de 70 anos coma broche de ouro ás festas patronais de Escairón.