Publicador de contidos

Publicador de contidos

No Sábado Longo recrean a tradición de "roubar" os carros para poñelos na entrada da igrexa

No Sábado Longo recrean a tradición de "roubar" os carros para poñelos na entrada da igrexa

A tradición leva décadas transmitíndose de xeración en xeración en Xunqueira de Espadanedo

G24.gal 05/04/2026 20:57

Conciliar o sono en Xunqueira faise complicado na noite do "Sábado Longo".

"Facíase en Semana Santa, dende o sábado para o domingo. Era ir buscarlle a casa dos veciños os carros, que era o instrumento de máis valor para traballar a terra e colocalos aquí que a fin era coma se fora unha exposición, e pasar todas as persoas por debaixo da fila dos carros."
 

E así segue sendo décadas despois. Contan que o problema agora é atopar carros dabondo. Unha asociación decidiu mercalos e espallalos polas aldeas para poder recrear a tradición. Aínda así moitos lembran a época en que case todos tiñan un carro na casa. .

"Daquela todo o mundo tiñamos os carros, unhas vacas, a familia para andar con eles. Era o coche que había para transportar para as fincas e para arar e para todo: levar os arados, levar patacas, para sementar coma neste tempo, e había que facer así."

Por iso algúns mesmo permanecían en vela para evitar o asalto nocturno

" Cando a xente estaba deitada é cando quitabamos os carros, e había algún que saía coa escopeta e estaba toda a noite no corredor para que non lle quitasen o carro."

Vendían as verzas e nabos que roubaban para pagar a cea coa que sempre comezaba a noite. E ollo que a discreción nunca foi necesaria no Sábado Longo

" Apretaban os carros para que cantasen, apretábanlle as cuñas e unhas treitoiras. Cantaban os carros que se mataban."

E de momento seguen cantando, porque as lembranzas son moitas e tamén parte importante do seu patrimonio e a súa historia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar