Publicador de contidos

Publicador de contidos

O mundo dos botóns

O mundo dos botóns

Xa case non se fai roupa a medida, pero seguimos perdendo botóns e facendo arranxos por iso nas mercerías seguen a ter demanda

Os máis caros son os de pedrería, pequeñas xoias que roldan os dez euros

G24.gal 24/04/2026 21:05

De madeira, de nácar, de metal, de plástico... hai botóns de todo os materiais, tamaños e formas. A costura deixou de ter protagonismo nas casas e iso fixo que súa venda se reducira, pero aínda se seguen a mercar. Cambiar os botóns permite remozar unha prenda. Tamén os empregamos para as manualidades ou simplemente para substituir aos que perdemos.

Os máis demandados esta temporada son os dourados, aínda que o auxe da moda vintage fai que moitos acodan ás mercerías buscando botóns con décadas de historia, como os podemos atopar na Boutique do Botón de Ourense con case medio século ás súas costas.

Neste negocio tamén se dedican a forralos coa tea que os clientes lles levan e comezaron a facer cursos de costura básica para que ninguén quede sen saber coser un botón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade