O Apóstolo Santiago segue presente nas cerimonias de coroación da monarquía británica
A súa figura está no cetro que forma parte dos chamados Honores de Escocia, que son as tres alfaias máis antigas da Coroa británica
Falamos de tres xoias que teñen historia e teñen nome: os Honores de Escocia.
"Son os atributos do rei de Escocia, as xoias da Coroa máis antigas que se conservan nas illas británicas", explica o profesor Manuel Gago
Son unha coros, unha espada e un cetro.
Andan polos cinco séculos de idade, e hoxe seguen pesando na súa monarquía. A coroación de Carlos III tivo a súa culminación en Escocia, na catedral de St Giles, en Edimburgo. Alí recibiu o monarca estas tres pezas, os Honores de Escocia.
Porque a coroa, a espada e o cetro seguen formando parte das cerimonias coroación británica. E nós imos fixarnos no cetro.
"No cetro do rei de Escocia, nese bastón cerimonial que collen no momento de ser coroados, está Santiago Apóstolo Santiago, o noso Santiago, perfectamente recoñecible, como un santo protector da monarquía escocesa"
Só hai tres figuras, miniaturas relixiosas nese cetro. Santiago é unha delas.
"Está ai porque a monarquía escocesa ao longo d otas xeracións durante a Idade Media foi da casa dos Estuardo, e os Estuardo tiñan ao noso Santiago apóstolo como protector", apunta Gago
Dicía o rei Carlos III ao se facer Carlos III: "Ao recibir este cetro, así o prometo coa axuda de Deus".
Pode sorprender a presencia de Santiago nunha das monarquías máis antigas.
"Santiago era tan importante que mesmo barcos da armada escocesa durante o Renacemento estaban protexidos por Santiago. Era o Santiago de Galicia, que lle chamaban eles"
E aínda hoxe se nota a pegada de Santiago na vida escocesa.
"Un dato curioso é que ata os anos 60 o nome máis opular en Escocia era James, é dicir, Santiago", sinala Gago
Para ver o cetro con Santiago hai que ir ao Castelo de Edimburgo. Por alá tamén está a Pedra do Destino, que é outra grande historia de orixe galega.