Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os galegos prefiren arranxar zapatos antes que mercar uns novos

Os galegos prefiren arranxar zapatos antes que mercar uns novos

Os talleres seguen tendo carga de traballo

A falta de remuda xeracional é a maior preocupación

G24.gal 22/09/2026 20:28

Hoxe en día, son moitos os que deciden non arranxar os produtos que rompen, que é mellor mercar un novo directamente, algo que pasa tamén cos zapatos. Pero, é a realidade que ven nas zapaterías?

"A realidade e que si que se arranxan, porque temos calzado de moitas calidades. Moitos se amañan porque é calzado moi caro. Traballo vou tendo porque ademais cada vez somos menos", comenta o zapateiro José Manuel Darriba

E esa e a clave, a aparición de tendas baratas en Internet fixo que moitos merquen calzado de baixa calidade, pero os que aínda gastan cartos nos zapatos prefiren arranxalos.

"Eu vou ao zapateiro, son moi caros, moitos custan máis de 100 euros", comentan varios veciños.

Pero, ollo, a aparición de Internet tamén trouxo traballo aos profesionais.

"Eu toda a vida traballei cunha forma para estiralos, pero tiven que mercar outro porque non lles valían os zapatos de internet e non queren cambialos", comenta o zapateiro José Manuel Darriba

Así que xa o saben... se non queren tirar os zapatos teñen solucións. Pero, ollo, a remuda xeracional esta a causar problemas no sector. Manuel, por exemplo, xubilarase o ano que vén e, polo momento, non ten a quen venderlle as máquinas.

 

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade