Publicador de contidos

Publicador de contidos

Telmo Cao, un forxador artístico dende Cervo para o mundo

Telmo Cao, un forxador artístico dende Cervo para o mundo

É un oficio con máis de 5.000 anos de vida

Empezou dende pequeno co seu pai

G24.gal 28/08/2026 20:41

Galicia agocha grandes artistas e un deles e Telmo Cao. Dende pequeno estivo en contacto ca forxa artística e hoxe, fai reixas, escaleiras ou pasamáns dende Cervo para toda España. Todo nun proceso que leva o seu tempo.

"Facemos un proxecto totalmente debuxado do que vai ser o traballo. Pasamos o debuxo a tamaño natural e fanse unhas plantillas que serven como modelos para traballar curvando os ferros e dando a medida xusta. Despois, traballamos ca forxa tradicional na que quentamos o ferro e unha vez quente, damos forma a base de golpes", comenta Telmo

O seu traballo levouno a ser recoñecido internacionalmente pola Michelangelo Foundation, unha honra que nun principio pensaba que era una broma. Agora, ademais de seguir traballando, ten o ilusión de atraer a máis xente ao oficio grazas aos talleres que imparte.

"Son cursos orientados a xente que quere comezar tanto profesionalmente coma para probar e ter un contacto co oficio e ver o que forxar a man"

Talento Galego desde Cervo para o mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade