Zapateiro: un oficio que esmorece nas cidades e vilas pero que se resiste a desaparecer
Un oficio tradicional que esmorece ante a falta de remuda xeracional
Cambiando tapas, cosendo ou devolvendo a forma a uns zapatos gastados polos uso son algúns dos arranxos habituais no taller de Toño Blanco, que leva 23 anos dedicado a este oficio en Ourense. Un multiservizo que fai que os zapateiros resistan malia o paso do tempo e o cambio dos hábitos de consumo. Porque aínda hai moita xente que quere alongar a vida dun par de zapatos.
Toño Blanco Pérez conta que o problema é que moita xente quere manter uns zapatos que son de baixa calidade, e ás veces sae máis caro o arranxo. Pero Toño tamén axuda a manter un bo par de zapatos. O oficio vai esmorecendo pola falta de remuda xeracional, pero resístese a desaparecer, porque di que traballo non falta.
E a mellor satisfacción para un artesán, di, é que os clientes e clientas queden contentos co traballo ben feito.