Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feitos os 80 anos, o zapateiro de Betanzos segue en activo e non pensa xubilarse

Feitos os 80 anos, o zapateiro de Betanzos segue en activo e non pensa xubilarse

"Hai xente que me di: 'Jaime, canto me cobras por estas tapas a estes zapatos'. Pois oito ou nove euros. 'E custáronme dez na feira', dinme. O material é peor agora ca antes", di.

Chus Purriños 02/06/2026 21:37

Na céntrica rúa Travesa de Betanzos encontramos a Jaime no seu taller. En 1931 seu pai abriu o negocio. Del aprendeu o oficio aos 14 anos.

"Facíanse zapatos antigamente para as persoas que traballaban no campo e duraban moitos anos", apunta.

Algunhas das máquinas que usaba entón seguen funcionando. A de coser e a de acabado teñen coma el, 80 anos:

"Este é un banco de finisaxe de zapateiro e mandáronllo a meu pai de Bilbao. Non sei canto lle custou, e creo que era un mundo naquela época", lembra Jaime Rey, zapateiro de Zapatería Ramoné.

Agora o seu quefacer diario céntrase nos arranxos de calzado.

"Teño calzado en todas as formas. Teño 'overbooking' por culpa de que estragan os pés cos tenis".

É a súa particular cruzada:

"Hai xente que me di: 'Jaime, canto me cobras por estas tapas a estes zapatos'. Pois oito ou nove euros, depende. 'E custáronme dez na feira', dinme. O material é peor agora que antes", puntualiza.

 Con oitenta anos, non pensa en xubilarse. "Mentres teña saúde, nada", sentencia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade