As atadoras de Malpica denuncian a falta de mantemento na cuberta da nave á que acoden traballar todos os días
As atadoras de Malpica denuncian a falta de mantemento na cuberta da nave á que acoden traballar todos os días
Aseguran que as pingueiras caen directamente sobre o cadro eléctrico, e temen unha desgraza
"Chove tanto dentro coma fóra", comenta un armador de Malpica.
"Isto vai a máis, e agora xa é inaguantable", conclúe unha das atadoras.
A chuvia constante das últimas semanas evidencian o mal estado en que se atopa a nave das atadoras de Malpica.
"Moitas veces témonos que mover, porque se non chove por riba de nós".
A orixe deste problema, segundo contan, está na cuberta. Din que os días de moito vento os refachos levantan as uralitas de plástico, propiciando que a agua se coe ao interior.
"Levamos así moitos anos. Non sei se isto é competencia da confraría ou de Portos, pero teñen que facer algo".
A chuvia baixa sobre todo polas columnas da nave onde está o cadro eléctrico e os interruptores, polo que temen que calquera día se produza unha desgraza.
"Calquera día quedamos no sitio". "E xa non só iso, porque todo isto está cheo de auga e esvaras... Eu xa caín, e como deas un mal golpe... Pido, por favor, que a amañen xa. Que non tarden moito máis".
Din que non é por capricho, senón por necesidade.