Galicia despide o verán cos termómetros rozando os 40 graos
Ourense marcou a temperatura máxima con 38,5 graos
Este mércores, alerta amarela no interior de Pontevedra
O verán despídese con calor abafante en Galicia porque ademais dos dezaseis concellos do interior da provincia de Pontevedra en alerta vermella, houbo alerta amarela noutros vinte municipios de Ourense e case na totalidade da provincia da Coruña.
A cidade de Ourense volveu marcar este martes a máxima temperatura con 38,5 graos igual ca este luns, cando foi a máxima de toda Europa. Na comarca do Ribeiro, en concellos como Leiro, tamén alcanzaron valores elevados.
🟡🌡️Só o interior de Pontevedra permanecerá en alerta por vaga de calor. Diminúe o nivel de intensidade e pasa a ser amarelo. 🔗https://t.co/GD9lslJjWA
— 112 Galicia (@112Galicia) September 22, 2026
A Xunta informou de que este mércores só o interior de Pontevedra estará en alerta amarela por un novo episodio de calor, ao seguir baixo a influencia das altas presións.