Cargando resultados...
Un taxista agride un condutor de Uber nas inmediacións de Peinador
A Policía Nacional ten aberta unha investigación
O autor da agresión aínda non foi detido
Europa Press-Arquivo
G24.gal
22/09/2026 19:42
Última actualización 22/09/2026 21:44
Un taxista de Vigo agrediu un condutor de Uber nas inmediacións do aparcadoiro do aeroporto de Peinador este martes.
O 112 Galicia recibiu unha chamada que alertaba da existencia dunha pelexa na zona, polo que se deu aviso á Policía Local e Nacional.
Precisamente fontes da Policía Nacional confirmaron a Europa Press a existencia desta agresión, polo que xa se investigan os feitos. Con todo, aínda non se detivo o presunto responsable.