Viaxe en taxi adaptado ás necesidades e gustos de cada pasaxeiro
A condutora foi incorporando aparellos para nenos, persoas xordas, estranxeiros
Próxima parada, o Nadal, con repartimento de caramelos na tarde de Reis
"Imaxina que traes unha bicicleta, en que taxi a podes meter?, cita como exemplo Any Voinea ao pé do seu taxi.
No seu, no desta muller orixinaria de Romanía pero con base na Coruña que o mesmo pensa en ciclistas que en mascotas.
"Traes un animal? Vas con el e átase co cinto de seguridade", outra mostra.
Concibe o taxi non só como un medio de transporte.
"Levo o can ao veterinario, flores ao cemiterio, ou un aniversario cunha torta".
Non lle escapa detalle.
"Teño unha neveira con 32 botellas de auga e cafeteira".
E así, paso a paso, quilómetro a quilómetro, pasaxeiro a pasaxeiro, vai cubrindo necesidades varias. Para persoas xordas ou con implante coclear, un bucle magnético que elimine interferencias do coche.
Para os máis pequenos, libros infantís, cadeiras elevadoras e mesmo un planetario no teito do coche. E para os estranxeiros, un tradutor a varias linguas.
Como a cabeciña non lle para, xa ten plan para o Nadal, sobre todo, para ese día máxico que é o Día de Reis.
"Vou ir con tres rapazas que teñen discapacidade repartir caramelos na Cabalgata de Reis", adianta Any.
Pensa cada carreira coma unha viaxe especial.