Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cambios da normativa dos taxis buscan flexibilizar o acceso á profesión

Cambios da normativa dos taxis buscan flexibilizar o acceso á profesión

Elimínase a dedicación exclusiva dos condutores e amplía ata tres os contratos parciais por licenza

G24.gal 19/10/2026 15:06

Un servizo público que busca novos profesionais para o sector.

"Adoita haber dificultade para atopar xente que queira traballar", di un taxista.

Hai cambios na normativa de licenzas de taxi que buscan flexibilizar o acceso a unha profesión en proceso de transformación.

"Poderase ter máis dunha licenza, algo que ata o de agora estaba restrinxido e mesmo se poderán contratar ata tres persoas por vehículo para cubrir as quendas durante o día", di Ricardo Villamisar, presidente da Federación Galega de Taxi.

Son medidas que veñen dar resposta ás necesidades especialmente dos concellos máis pequenos. Neste caso poderanse convocar nun único concurso todas as licenzas dispoñibles sen agardar un ano.

Os cambios tamén chegan ás plataformas de vehículos con condutor que se adaptan á normativa estatal. Non será necesario contratalos con 15 minutos de antelación como ocorre agora. Pero seguirán limitados a traxectos interurbanos.

"Hai que normalizar e non reinventar a roda. Isto xa se fixo en moitos países de Europea e noutras comunidades de xeito que conivan o taxi e a VTC de cara a ofrecer un mellor servizo ao cidadán", asegura Daniel Georges, CEO de Bolt en España.

Todas estas medidas están recollidas na Lei de acompañamento aos presupostos da Xunta de Galicia que entrarán en vigor o ano que vén.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade