Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia mobilizará máis de 400 millóns ata 2028 para industrializar a innovación empresarial

Galicia mobilizará máis de 400 millóns ata 2028 para industrializar a innovación empresarial

A estratexia prevé 66,5 millóns para impulsar proxectos que transformen a tecnoloxía galega en produtos industriais e emprego cualificado

A Xunta cambia a folla de ruta coa I+D+i en Galicia
G24.gal 19/10/2026 14:14 Última actualización 19/10/2026 14:43

Industrializar a innovación. A Xunta quere converter a ciencia en resultados económicos e emprego cualificado.

Coa vista posta en 2028, o Goberno galego quere aumentar nun 25 por cento as empresas que innovan na comunidade e acadar máis de 4.200 profesionais dedicados ao I+D no sector privado. 

Para lograr que o gasto empresarial supere os 1.500 millóns, mobilizaranse recursos públicos distribuídos en catro grandes bloques.

A contía máis importante, 232 millóns, irán directamente ao desenvolvemento de tecnoloxía e maquinaria avanzada. Outros 113 millóns garantirán o financiamento de proxectos estratéxicos. 

 

Mentres que 48 millóns axudarán as empresas a contratar persoal especializado para innovar de forma estable. E haberá unha partida de máis de 9 millóns de euros para reforzar a transferencia de coñecemento e o traballo conxunto entre o tecido produtivo e os centros tecnolóxicos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade