Publicador de contidos

Publicador de contidos

Acepta dous anos e tres meses de prisión o home que atracou e feriu a unha taxista en Vigo

Acepta dous anos e tres meses de prisión o home que atracou e feriu a unha taxista en Vigo

O acusado sacou unha navalla e esixiu á taxista que lle entregase a recadación do día, un total de 350 euros

  Ademais, quitoulle o moedeiro, que contiña outros 50 euros, e fixolle un corte superficial na fazula e nun dedo

G24.gal 10/09/2026 11:04

O home que atracou e feriu a unha taxista en Vigo aceptou dous anos e tres meses de prisión como autor dun delito de roubo con violencia e outro de lesións e ten que pagar á vítima unha indemnización polos danos causados e polo diñeiro subtraído.

Na vista de conformidade celebrada esta mañá na sección penal, praza 3, do Tribunal de Instancia de Vigo, o home, que se atopa na prisión da Lama e interveu por videoconferencia, recoñeceu os feitos e aceptou dous anos e tres meses de cárcere. Tamén terá que pagar unha multa de 20 euros.

Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, os feitos remóntanse á tarde do pasado 9 de abril, cando este home subiu ao taxi na parada da rúa Ecuador, ao lado do Corte Inglés, e pediu á condutora que o levase á rúa Cortellas, no barrio de Lavadores.

Unha vez alí, sacou unha navalla e, poñéndolla á altura da cara, esixiu á taxista que lle entregase a recadación dese día, un total de 350 euros. Ademais, quitoulle das mans un moedeiro que contiña outros 50 euros e causoulle un corte superficial na fazula e nun dedo.

Por estes feitos, o ministerio público solicitaba ata 4 anos e 9 meses de cárcere, aínda que, finalmente, a pena reduciuse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade