Cargando resultados...
Detido un home na Coruña por ferir cunha arma branca o porteiro dun karaoke
Arrestado por intento de homicidio, quedou en liberdade tras pasar a disposición xudicial
G24.gal
25/10/2026 20:43
Última actualización 25/10/2026 21:24
A Policía Nacional detivo un home na madrugada do venres ao sábado en relación cun intento de homicidio contra o porteiro dun karaoke que supostamente deixou ferido.
En base ao relato policial, o traballador do local, situado na ronda do Outeiro, impediulle a entrada ao cliente por motivos que se descoñecen. Ao non deixalo pasar, cravoulle unha arma branca.
Os feitos producíronse ao redor das 4:00 horas. O arrestado quedou en liberdade tras pasar a disposición xudicial.