Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os EUA ameazan con taxas de ata 180.000 euros a cada barco español en resposta ao embargo de armas a Israel

Os EUA ameazan con taxas de ata 180.000 euros a cada barco español en resposta ao embargo de armas a Israel

Considera que España impide que fagan escala nos seus portos os buques estadounidenses con armas con orixe ou destino Israel

A Comisión Marítima Federal solicita restricións ás importacións de produtos cosméticos, aceite e azucre

REUTERS/Evan Vucci REUTERS/Evan Vucci
G24.gal 14/10/2026 19:30

A Comisión Marítima Federal dos Estados Unidos (FMC, polas súas siglas en inglés)  ameazou este mércores con tomar medidas contra España "crear condicións desfavorables para o transporte marítimo ao prohibir o acceso aos seus portos a determinados buques".

Fai referencia así ao  impedimento de España de que fagan escala nos nosos portos os barcos que levan armas dende os Estados Unidos a Israel e que se utilizan para atacar Palestina.

A FMC di que o Goberno de España incorreu en prácticas portuarias restritivas contra os buques con bandeira estadounidense e propuxo á Administración de Trump impoñer unha taxa de 200.000 dólares (180.000 euros) por viaxe aos barcos españois, así como establecer límites á importación de produtos de orixe española.

A FMC indicou que as restricións ás importacións poderían afectar a produtos como a perfumería e os cosméticos, os aceites e as graxas, a cerámica, así como os artigos relacionados coa pedra, o azucre e a confeitería.

A partir deste punto, din que a axencia recompilará as opinións do público xeral para establecer unha solución axeitada e permitirá a España presentar as súas alegacións ao respecto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade