Novas
Contido coa etiqueta .
Palestina

Cumio en Xordania para desescalar a tensión en Cisxordania
27/02/2023 08:09
A Autoridadade Palestina e Israel amósanse dispostas a rebaixar a tensión de cara ao Ramadán
En Xordania hai mediadores dos Estados Unidos e Exipto
Un ataque israelí con once mortos, a chama que prendeu a violencia na zona de novo
Dous colonos xudeus morreron o domingo

Israel bombardea a Franxa de Gaza en resposta a un ataque de Hamas
23/02/2023 07:40
Avións de combate israelís atacaron un centro de fabricación de armas pertencente á organización terrorista Hamas, situado no centro da Franxa de Gaza
Ata o momento, ningunha milicia palestina reclamou a autoría do lanzamento de foguetes e non se informou de vítimas en ningunha das dúas partes

Un segundo ataque en Xerusalén deixa dúas persoas feridas
28/01/2023 11:44
É a segunda agresión destas características no leste ocupado da cidade en menos de 24 horas

Sete persoas morren por disparos nun ataque a unha sinagoga en Xerusalén leste
27/01/2023 21:20
O atacante foi abatido pola policía israelí

Unha incursión israelí en Cisxordania deixa nove mortos en Yenín
26/01/2023 11:34
Trátase do incidente máis letal dos últimos anos, que deixa ademais uns vinte feridos

A Xihad Islámica anuncia un acordo de cesamento do fogo con Israel
07/08/2022 21:22
Queda agora a confirmación israelí do pacto
A milicia palestina diapara un milleiro de foguetes

Joe Biden: "O pobo palestino merece un Estado propio"
15/07/2022 16:38
"Dous estados para dous pobos. Os dous con raíces profundas nesta terra", asegurou o presidente dos Estados Unidos xunto ao presidente palestino Mahmoud Abbas

Decenas de feridos nos disturbios na Chaira das Mesquitas de Xerusalén
22/04/2022 09:26
Estes enfrontamentos entre palestinos e policías israelís véñense repetindo case a diario desde o pasado venres
Nos enfrontamentos do venres quedaron feridos máis de 150 palestinos e 3 axentes e houbo uns 400 detidos

A policía israelí carga outra vez no aberto das Mesquitas de Xerusalén
17/04/2022 18:09
Houbo cinco feridos e nove detidos tras o novo episodio de violencia
O venres máis de 150 palestinos quedaron feridos nos enfrontamentos máis graves en semanas

15/04/2022 19:25
A mesquita de Al Aqsa, epicentro dos incidentes
Medra a tensión tras 24 días de disturbios nos territorios ocupados