Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno español esíxelle a Israel que pare a "inaceptable" evacuación de Rafah

O Goberno español esíxelle a Israel que pare a "inaceptable" evacuación de Rafah

O Goberno de Netanyahu ordenou esta fin de semana o desprazamento forzoso dunhas 300.000 persoas en toda Gaza

As tropas xudías avanzan cara ao centro da cidade fronteiriza con Exipto 

Un home foxe de Rafah. REUTERS/Hatem Khaled Un home foxe de Rafah. REUTERS/Hatem Khaled
G24.gal 12/05/2024 10:12 Última actualización 12/05/2024 10:31

O Goberno de España esíxelle a Israel o cesamento da operación militar en Rafah e o cumprimento do Dereito Internacional Humanitario, ao considerar que "a evacuación de milleiros de palestinos é inaceptable".

O ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José Manuel Albares, condena publicamente a actuación do Goberno de Netanyahu, solicita que se protexa a poboación civil e se garanta o seu acceso á axuda humanitaria.

"A evacuación de miles de palestinos é inaceptable. A operación militar en Rafah debe parar e evitar unha crise humanitaria aínda máis grave. Esiximos o cumprimento do Dereito Internacional Humanitario, a protección dos civís e o acceso de axuda humanitaria", escribiu o ministro na rede social X.

Seis días despois da primeira orde de evacuación nos barrios ao leste da cidade fronteiriza, que afectou uns 100.000 residentes, Israel decretou este sábado a saída da poboación civil asentada nos campamentos de Rafah e Shabura e nos barrios de Adari e Geneina.

En total, o estado xudeu ordenou esta fin de semana o desprazamento forzoso dunhas 300.000 persoas en toda Gaza, tanto no norte coma no sur da Franxa, en paralelo á expansión da súa operación militar en Rafah, que avanza cara ao centro da localidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade