A Comisión Mixta tomba a proposta do PSOE de pedir á UE o recoñecemento de Palestina
A votación saldouse con 20 votos en contra e 14 a favor

A Comisión Mixta para a UE tombou a proposta do PSOE de pedir aos países da Unión Europea que recoñezan o Estado palestino.
Con 20 votos en contra, incluídos os do PP e Vox e 14 a favor, esta comisión, que integra deputados e senadores, mostrou o seu rexeitamento á proposición non de lei.
Ambos os partidos reiteraron o seu rexeitamento á decisión tomada polo Goberno e lembraron que importantes países europeos como Italia, Francia ou Alemaña non recoñeceron a Palestina.
Pola contra, os socialistas reiteraron a súa postura. "É de xustiza que a Unión Europea empece a traballar de maneira unida e cohesionada para recoñecer o Estado palestino, sobre todo e como primeira medida, para tentar que o conflito en Gaza acabe canto antes", expresaron.