Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prorrogan dous días a detención dos dous activistas da Flotilla

Prorrogan dous días a detención dos dous activistas da Flotilla

O Tribunal de Maxistrados de Ashkelon tomou a decisión que afecta ao activista palestino-español Saif Abukeshek e ao brasileiro Thiago Ávila

G24.gal 03/05/2026 12:45

O Tribunal de Maxistrados de Ashkelon, cidade costeira no sur de Israel, prorrogou dous días a detención do activista palestino-español Saif Abukeshek e do seu compañeiro brasileiro Thiago Ávila, informou a EFE Adalah, centro legal que representa aos dous integrantes da Flotilla Global Sumud.

Durante a audiencia, o fiscal do Estado israelí solicitou unha prórroga da detención dos activistas, presentando unha lista de presuntos delitos.

Entre eles, "colaborar co inimigo en tempos de guerra, contactar cun axente estranxeiro, pertencer a unha organización terrorista e prestarlle servizos, e transferir bens para unha organización terrorista", reportou Adalah nun comunicado.

As avogadas de Adalah, Hadeel Abu Salih e Lubna Tuma, argumentaron tamén ante o tribunal que "todo o proceso está infestado de irregularidades".

Desde a conta oficial en redes sociais da Global Summud Flotilla, esixiron a liberación inmediata dos dous activistas -que decidiron iniciar unha folga de fame- e pediron á sociedade civil "seguir presionando" para conseguilo.

Acusación de "secuestro" contra o Estado israelí

Os dous membros da Flotilla, que se embarcaron nunha expedición de 58 aeronaves que por segundo ano consecutivo pretendía romper o bloqueo en Gaza e levar axuda humanitaria, chegaron na mañá do sábado a Ashkelon tas permanecer outros dous días baixo custodia naval.

Diversos colectivos prol dereitos humanos e o propio Goberno español definiron esa manobra das autoridades israelís como un "secuestro", ao executar esta operación en augas internacionais e aínda a uns 1.200 quilómetros da Franxa de Gaza.

Os activistas reportaron presuntos malos tratos

Adalah denunciou malos tratos cara aos seus representados por parte das autoridades israelís, concretando que Ávila foi "golpeado", "arrastrado polo chan" con vendas nos ollos e incomunicado tras a súa detención.

No caso de Abukeshek, Adalah sostén que permaneceu con "as mans atadas, cos ollos vendados" e obrigado a permanecer en posicións de tensións desde o seu arresto este xoves, o que causaría "hematomas no rostro e as mans". 

Unha representante de Adalah dixo ademais o sábado a EFE que os detidos non contaran con representación legal durante os interrogatorios, o que agrava, segundo explica, a falta de garantías no procedemento e faios "ilegais".

Exteriores israelí vincúlaos con organización marxista

Pola súa banda, o Ministerio de Exteriores israelí asegura que Abukeshek e Ávila teñen relación co grupo militante de esquerda marxista Fronte Popular para a Liberación de Palestina (FPLP), o segundo grupo máis salientable dentro da Organización para a Liberación de Palestina despois de Fatah.

Tras a noticia de que os seus cidadáns ían ser conducidos a Israel en lugar de ser liberados en Grecia como o resto de activistas da Flotilla, os Gobernos de España e o Brasil esixiron a súa inmediata posta en liberdade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade