Publicador de contidos
Publicador de contidos

O BNG visibiliza no pleno do Parlamento o seu apoio a Gaza

O BNG visibiliza no pleno do Parlamento o seu apoio a Gaza

Tamén participaron nunha concentración en Santiago baixo o lema "Galiza con Palestina"

G24.gal 15/05/2024 16:58

O BNG celebrou este mércores unha acción simbólica no Parlamento galego para mostrar o seu apoio ao pobo de Gaza este 15 de maio, coincidindo co 76 aniversario da Nakba, o desprazamento masivo de palestinos tras a creación do Estado de Israel.

Antes de comezar o pleno, os 25 deputados nacionalistas concentráronse nas escaleiras de entrada ao hemiciclo -algúns ataviados con palestinas ao redor do pescozo- para visibilizar a súa solidariedade con Gaza.

Todos eles portaban carteis coa bandeira de Palestina e nos que se podía ler “Stop xenocidio en Gaza. Palestina libre”, que despois algúns luciron nos seus escanos, durante o pleno do Parlamento, xunto con panos palestinos.

Algúns dos deputados e membros da dirección do Bloque tamén participaron na concentración celebrada na praza das Praterías, en Santiago de Compostela, celebrada baixo o lema "Galiza con Palestina", en que se despregou unha bandeira palestina e se leu un manifesto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade