Publicador de contidos

Publicador de contidos

Zapatero cre que a UDEF se extralimitou, polo que pide a anulación do informe sobre Bolivia

Zapatero cre que a UDEF se extralimitou, polo que pide a anulación do informe sobre Bolivia

O expresidente do Goberno alega ante a Audiencia Nacional que é unha intromisión ilexítima na súa intimidade e unha investigación xeral sobre a súa vida

O documento policial apunta a posible cobranza de 200.000 euros por influír ante as autoridades do país andino en beneficio dun grupo empresarial

 

Zapatero está investigado por tráfico de influencias en beneficio da aeroliña Plus Ultra Zapatero está investigado por tráfico de influencias en beneficio da aeroliña Plus Ultra
G24.gal 14/09/2026 18:56

José Luis Rodríguez Zapatero pediu á Audiencia Nacional que extraia do procedemento en que o investigan un informe da UDEF sobre a súa mediación ante o Goberno de Bolivia, pois é consecuencia dunha intromisión ilexítima na súa intimidade e unha investigación xeral sobre a súa vida.

O escrito de Zapatero é un recurso de apelación ante a Sala do Penal da Audiencia Nacional tras a negativa do xuíz José Luis Calama a reconsiderar a súa decisión sobre a investigación da UDEF.

O expresidente do Goberno, investigado por presunto tráfico de influencias en beneficio da aeroliña Plus ultra, argumenta que as sospeitas sobre Bolivia (e a posible cobranza de 200.000 euros por influír ante as autoridades dese país en beneficio dun grupo empresarial) son froito de información obtida nos rexistros, pero que se atopaba fóra do perímetro da causa.

Segundo o recurso, a UDEF, sen autorización xudicial, fixo uso da información de intelixencia financeira "omnicomprensiva" da actividade privada e profesional de Zapatero e analizou de xeito completo os movementos na súa conta do Banco Santander, detallando 174 transferencias de once pagadores, é dicir, todos os movementos producidos nun período de cinco anos.

E todo iso a pesar de que a gran maioría deses movementos non ten que ver coa empresa Análisis Relevante ou Julio Martínez, que era o obxecto entón da investigación, senón que eran "ingresos por outras actividades respecto das que non se reflicten indicios delituosos", entre eles os importes recibidos de Focus Social relacionados con Bolivia.

"A inclusión de toda esa información parece que obedece á finalidade de abrir futuras liñas de investigación sobre outras actividades de Zapatero ata entón non cuestionadas", sostén o recurso, que conclúe que "se produciu unha intromisión ilexítima na intimidade que derivou nunha investigación xeral sobre a vida do investigado".

Por iso, pide que se saque do procedemento o informe da UDEF sobre a esas transferencias de Focus Social Research por proceder "dunha investigación xeral" non autorizada xudicialmente, e tratarse de "unha indagación prospectiva nunha das súas moitas actividades profesionais, respecto da que non existía antes sospeita algunha".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade