Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSOE cae 2 puntos no CIS tras a crise de Ceuta, pero gana ao PP por 5,5 puntos

O PSOE cae 2 puntos no CIS tras a crise de Ceuta, pero gana ao PP por 5,5 puntos

Os socialistas obterían o 31 % do voto estimado, en tanto que o PP se levaría o 25,5 % (0,4 puntos máis que en xullo), e Vox o 16,6 % (1,3% máis que no anterior barómetro)

G24.gal 14/09/2026 12:48 Última actualización 14/09/2026 13:34

O PSOE perde 2 puntos de apoio electoral tras a crise migratoria de Ceuta, pero gañaría ao PP por 5,5 puntos se agora se celebrasen eleccións, segundo o último barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) difundido este luns.

A sondaxe, realizada a partir de 4.042 entrevistas entre o 1 e o 4 de setembro pasados, é a primeiro do centro demoscópico público tras o verán e despois da entrada masiva de migrantes en Ceuta de finais de xullo que está a marcar toda a axenda política. Os socialistas obterían o 31 % do voto estimado, en tanto que o PP se levaría o 25,5 % (0,4 puntos máis que en xullo), e Vox o 16,6 % (1,3% máis que no anterior barómetro).

O barómetro concede a Sumar un 5,7 % dos votos (catro décimas menos que en xullo) e a Podemos un 3,7 %, que supón unha alza de 1,2 puntos. Tras eles sitúanse ERC, cun 2,5 % que representan dúas décimas menos, Se Acabó La Fiesta logra o 1,8 % (8 décimas menos); Bildu, o 1,3 % (5 décimas máis), e empatan a 0,7 % o BNG, Junts e o PNV, mentres Coalición Canaria mantén a súa 0,2 % e UPN baixa ao 0,1 %.

En canto aos líderes políticos, un 25 % prefire a Pedro Sánchez como presidente do Goberno (1,7 puntos menos), en tanto que o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo é o favorito para o 13,2 % (sete décimas menos), e o de Vox, Santiago Abascal, éo para o 9,8 %, que supoñen seis décimas máis.

Ningún líder político aproba, como é habitual nos barómetros, e é Sánchez quen obtén a puntuación máis alta (4,18 sobre dez), mentres que a vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz, queda en segunda posición cunha nota cidadá de 3,99, seguida de Feijóo (3,65) e de Santiago Abascal (3,01).

Lixeira mellora da confianza en Sánchez

A pesar de estas malas notas e a perda de apoios ao PSOE, Pedro Sánchez mellora lixeiramente o seu índice de confianza, xa que ao 31,5 % dos entrevistados xéralle "moita" ou "bastante" confianza, cando no barómetro de xullo o indicador quedaba no 29,6 %; Feijóo, pola súa banda, inspira ao 19 % (o 18,4 en xullo).

Inclúe o estudo as habituais preguntas sobre os principais problemas para os españois, coa vivenda en primeiro lugar, citada polo 37,5 %, seguida da crise e os problemas económicos 21,6 %. A inmigración, que na enquisa de comezos do mes de xullo, antes por tanto da entrada masiva en Ceuta, experimentara unha forte repunta e colocárase como segunda preocupación cidadá, agora cae á terceira posición, mencionada polo 19,7 %. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade