Publicador de contidos

Publicador de contidos

Obdulia Taboadela toma posesión como nova subdelegada do Goberno na Coruña

Obdulia Taboadela toma posesión como nova subdelegada do Goberno na Coruña

O delegado do Goberno destacou a "capacidade de escoita e diálogo" de Taboadela, que regresa a un posto que ostentou hai vinte anos

Na súa alocución, a subdelegada apelou a uns servizos públicos garantes de "igualdade", e alertou do risco da bipolarización no contexto actual

EFE/Moncho Fuentes EFE/Moncho Fuentes
G24.gal 14/09/2026 13:24

A nova subdelegada do Goberno na Coruña, Obdulia Taboadela, apela a uns servizos públicos garantes de "igualdade", na súa toma de posesión na Delegación do Goberno. Na súa intervención alertou do risco da bipolarización no contexto actual. "A democracia non necesita vivir no enfrontamento", aseverou ante alcaldes, alcaldesas, pero tamén representantes de distintos estamentos sociais, así como autoridades entre elas o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, os demais subdelegados ou o conselleiro da Presidencia, Diego Calvo.

"Fronte aos que perciben o público como un problema", asegurou que os servizos que se prestan neste ámbito permiten "mellorar dereitos". "Sen os servizos públicos e un Estado forte non hai igualdade real", insistiu nun acto con compromiso de colaboración e con reivindicación das políticas promovidas desde o Goberno central.

Así o fixo o delegado do Goberno, Pedro Blanco, quen, destacou a "capacidade de escoita e diálogo" da nova delegada e tamén a súa traxectoria: deputada no Congreso desde 2023 e subdelegada do Goberno na Coruña hai 20 anos.

Blanco insistiu nas axudas estatais en materias como dependencia ou bolsas para estudantes por parte do Goberno socialista, pero tamén outras actuacións como no ámbito da mobilidade, e subliñou, en referencia ao labor da nova subdelegada: "Os avances hai que seguir comunicándoos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos