As marcas presentan as tendencias en mobilidade sostible no Salón do Automóvil de Ourense
A cita desta fin de semana volveuse un escaparate do máis completo para comparar prezos
Os asistentes ao salón do Automóbil de Ourense puideron coñecer as últimas novidades de trinta marcas diferentes e tamén as tendencias máis rompedoras en vehículos eléctricos e mobilidade sustentable.
"Temos todas as marcas. Se estás indeciso entre tres ou catro, podes velas, tocar os coches. É un bo momento!". Comenta Elías Iglesias, comercial do Salón.
"Estamos aquí para comparar vehículos e ver como está o mercado".
Un escaparate do máis completo para os amantes do motor e sobre todo para os que están pensando en mercar un coche novo que teñen mellores ofertas na feira das que se atopan nos concesionarios.
"Veño para que me saquen de dúbidas. Coche eléctrico ou híbrido. Sobre todo para aclarar dúbidas, temos moitas".
"Achegueime con intención de mirar un 'mini', pero de momento non fixen ningunha compra".
"Si que notamos que, dende a última súbida que houbo de carburante, cada vez se pregunta máis tanto por híbrido enchufable, como por eléctrico. De feito, no noso caso notamos unha gran preferencia polos eléctricos". Explica Sergio Rodríguez, vendedor da marca MG.
Amantes do motor teñen unha nova cita no recinto feiral de Ourense co Salón do Vehículo de Ocasión que se vai celebrar do 23 ao 26 de novembro.