Publicador de contidos

Publicador de contidos

O museo Estrella Galicia expón unha réplica do monopraza de Carlos Sainz

O museo Estrella Galicia expón unha réplica do monopraza de Carlos Sainz

O público poderá visitarlo  a partir da próxima semana 

A chegada do vehículo obrigou a desmontar as cristaleiras da fachada para poder introducilo nas instalacións

G24.gal 18/10/2026 22:40

O museo de Estrella Galicia expón unha réplica do monopraza Williams FW48 co que Carlos Sainz compite en Fórmula 1 coa escuadra Atlassian Williams F1 Team.

Este domingo, operarios do museo da empresa cervexeira desmontraon as cristaleiras da súa fachada frontal para levar a cabo a delicada operación de introducir o vehículo no seu espazo expositivo, que o público poderá visitar a partir desta mesma semana.

"Dentro da proposta expositiva de MEGA, contamos cun espazo moi especial dedicado aos patrocinios deportivos de Estrella Galicia, unha área viva que se renova cada ano co obxectivo de seguir sorprendendo aos nosos visitantes e de poñer en valor alianzas que forman parte do ADN da marca. Nese percorrido histórico e emocional, a figura de Carlos Sainz ocupa un lugar salientable como un dos nosos grandes embaixadores", destacou a directora do Museo de Estrella Galicia, Marta Rodríguez.

A réplica incorporarase ao espazo dedicado aos patrocinios deportivos, onde o museo acolleu recentemente unha exposición sobre o piloto madrileño, con obxectos persoais, trofeos e material que percorren a súa traxectoria nas competicións automobilísticas.

O vínculo entre Estrella Galicia 0,0 e Carlos Sainz remóntase aos inicios do piloto no automobilismo en 2013 e consolidouse ao longo da súa carreira na Fórmula 1, converténdose nunha das relacións de patrocinio máis reconocibles e duradeiras do panorama deportivo español. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade