Publicador de contidos

Publicador de contidos

Elixindo un bocado para tomar o vermú a calquera hora do día

Elixindo un bocado para tomar o vermú a calquera hora do día

Clásicos, como o chourizo ou as olivas, mistúranse na carta de petiscos con propostas do máis novidoso

G24.gal 22/09/2026 21:14

Foi e segue a ser un clásico á hora do aperitivo. Falamos de tomar o vermú. Na maior parte dos locais especializados vén acompañado dun bocado que levar á boca.

"Sempre levamos olivas que é o que máis arrefría a certa hora". "Temos un pouco de queixo, chourizo e fuet ou olivas". "Poñemos chourizo, longaínza, patacas ou olivas", explican. 

Xa en carta as propostas de maridaxe multiplícanse:

"Temos variedade de gildas: a clásica, e queixo ou de xamón. Tamen o acompañan con bikini trufado que é sandwich con trufa e xamón", indica Víctor Frías, encargado da vermutería Bodega Martirio. 

"Temos gildas. Hoxe temos de polbo, de ovo de codorniz e de cecina e queixo e tamén bocartes en vinagre", comenta Kevin Guillán de Almacén Concept Store.

Tomar o aperitivo xa non ten horario.

"O que vexo é que se toma a calquera hora. Agora poa tarde ás cinco ou seis segue vindo xente a tomar o vermú e mesmo ás oito ou ás nove. A hora do vermú xa non é fixa", engade Brais Freire, de La Urbana Bar. 

Do que se trata é de ir abrindo o apetito.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos