Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os pratos de culler triunfan pese ás temperaturas deste outono

Os pratos de culler triunfan pese ás temperaturas deste outono

Aínda que na casa non haxa tempo para facer comidas elaboradas, os comensais seguen elixindo este tipo de elaboracións cando comen fóra

Prato de callos no Restaurante Soutomaior, en Vigo.
G24.gal 06/11/2026 09:40

O frío de outono aínda non chegou de cheo, mais os pratos de culler xa son os protagonistas dos menús do día. A tradición imponse á climatoloxía deste ano e ás demandas actuais.

Os tempos de hoxe en día non son compatibles coa preparación dos pratos de culler, por iso no Restaurante Soutomaior en Vigo contan cada día con este tipo de elaboracións. "O prato de culler require máis tempo, un lume lento e moito cariño para que estea ben feito. Hoxe en día hai menos tempo para pasar nas cociñas e que nolo fagan outros sempre encanta", asegura Mari Carmen Valero, traballadora do local.

Ademais, o outono atípico que estamos a vivir non deu pé a comezar antes con este tipo de pratos. Pola contra, a traballadora do local relataba que "aínda que non teñamos ese frío característico de outono, á verdade é que a xente ao poñer unha chaquetiña sempre quere un caldo, unhas lentellas...". 

Entre lentellas, caldos e callos, os comensais pasan os días con pratos para mollar o pan onde non chega a culler.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade