Publicador de contidos

Publicador de contidos

Para agasallar gañar terreo a flor cultivada que semella ser silvestre

Para agasallar gañar terreo a flor cultivada que semella ser silvestre

Aumentan os pedidos que están a recibir na florería agora que se achega o Día da nai

G24.gal 24/04/2026 21:12

Non son propiamente silvestres, pero teñen aspecto de selo. E iso é o efecto que se busca.

"É flor que podería atoparse nun campo, nun prado ou nun monte tipo gramínea, que este chámase panicum, o ranunculus batterfly ou as campanulas", explica Elena Naveira, propietaria da florería Médula.

Nin seca, nin artificial. En contra do que se puider pensar, trátase dun tipo de flor fresca e natural, cultivada.

"Son todas cultivadas e veñen de Holanda, pero cada unha ten un país de orixe diferente", engade.

Experta en deseño floral, Elena asegura que os ramos de flor silvestre van gañando terreo, especialmente para agasallar.

"Si que hai moita xente que nos pide ramos de tipo silvestre, é dicir, queren que teña o aspecto de poder atopar algo así na natureza", di.

Algo que semella improvisado ou informal, pero que tamén está presente entre os pedidos que están a recibir na florería agora que se achega o Día da nai.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos