Publicador de contidos

Publicador de contidos

Parabéns a todas as nais no seu día

Parabéns a todas as nais no seu día

Elas son as homenaxeadas e celébrano rodeadas dos seus

Os regalos clásicos como flores e plantas seguen sendo unha aposta segura

G24.gal 03/05/2026 15:02

O mellor agasallo para unha nai é poder compartir esta data cos seus, sen preocuparse de máis nada. Un xantar conxunto é unha maneira de garantir que hoxe elas son as homenaxeadas e non as sacrificadas é poder sentar á mesa como unha convidada máis. 

"As nais déixanse levar. Nun día como hoxe adoitan reservar os fillos pero convidan as nais. Normalmente son mesas grandes onde se xuntan varias xeracións de netos, fillos, sobriños... Hoxe é un día para estar, gozar e para alongar a sobremesa", explica Boja Portals, do restaurante A Curtiduría

Nos restaurantes pasaron a mañá a preparalo todo para que estivese listo para elas porque saben que reparan en todos os detalles. É a hora de xantar tamén saben apreciar o valor do bo facer.

"Elas valoran a nosa cociña, que se basea na cociña de antes e chámalles á atención que sigamos traballando coma antes. Valoran todo, o traballo, o servizo, a atención" asegura Iván Nieto, da Casa da Viña

"Todas son moi larpeiras. Piden todas sobremesa e gústanlles os clásicos", di Portals

Hai nais que hoxe terán que esperar algo máis para celebrar o seu día cos fillos.

"O noso día empeza a partir das seis da tarde, a esa hora comeza o tempo de gozar coas nosas nais", di Nieto

O importante é saber que están aí calquera día do ano, aínda que non estea marcado no calendario.

Un bico para as nais que están lonxe nesta data

Aqueles que por traballo ou por distancia non poden estar nesta data coas nais felicítanas a través da Galega.

Flores para dicir canto te quero mamá

Hai agasallos clásicos que non fallan, as flores son un deles. Unha maneira natural de agradecerlles ás nais non só que nos trouxesen a este mundo senón tamén a dedicación e a crianza que nos deron. 

Cambian os estilos dos ramos ou as variedades escollidas, pero a esencia das flores e das plantas mantense. En cada ramo elaborado para o día de hoxe hai unha mensaxe de cariño, agradecemento e vida compartida. E para aqueles que hoxe non poden xuntarse coas nais, é un deses envíos que permiten seguir estando desde a distancia. 

"Hai moitas encargas e a xente vén con unha idea pero ao ver outras distintas cambia porque hai composicións de plantas que quedan moi bonitas, e en lugar dun ramo levan iso. As flores que piden son todas naturais: xirasol, hortensias, margaridas, tulipáns, peonías. Hai onde escoller", di Roi Castro, encargado dunha florería onde traballaron arreo esta fin de semana. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade