Susto na Coruña pola caída de varias pólas de grandes dimensións nos Cantóns
É o terceiro incidente destas características no que vai de mes
A caída dunha enorme rama dun dos magnolios dos Cantóns da Coruña non deixou feridos, toda unha sorte porque sucedeu ás cinco da tarde a carón dos xardíns de Méndez Núñez, un lugar de paseo moi concorrido as fins de semana.
Varias persoas que camiñaban a esa hora polo lugar aseguraron escoitar un ruído previo. Despois as pólas caeron con todo o seu peso sobre a beirarrúa.
A Policía Local precintou a zona para valorar os danos, revisar o estado dá arbore e retirar a ramada.
A caída estragou o cableado dun poste situado a carón da parada do autobús. A intervención dos bombeiros obrigou a interromper brevemente o tráfico.
É o terceiro incidente destas características no que vai de mes. Hai dúas semanas a caída dunha árbore feriu dúas persoas que estaban sentadas nun banco da rúa Barcelona. O día tres deste mes unha póla caeu sobre a terraza da polbeira do Campo da Leña. O propietario sufriu feridas leves.