Publicador de contidos

Publicador de contidos

Marchar sen pagar un evento pode carrexar penas de prisión

Marchar sen pagar un evento pode carrexar penas de prisión

Se a conta que se deixou sen pagar é de menos de 400 euros a sanción é económica

Se supera esa cantidade está castigado con penas de prisión de 6 meses a 3 anos

G24.gal 05/09/2026 14:17

Esta semana coñeciamos un dos últimos "simpas" que sufriu un restaurante en Culleredo. Unha festa de aniversario, con 83 convidados e unha conta de máis de 7.000 euros que deixaron sen pagar. A alarma que xeran este tipo de fraudes na hostalería fai que moitos deles decidan cobrar todo por adiantado no caso das comidas organizadas.

O banquete desta semana saltou á luz porque a contía superaba os 7.000 euros pero esta práctica non é tan sorprendente como pensamos en contas máis económicas. O que algúns cren unha falcatruada é un delito de estafa.

 "No acervo común ás veces dicimos que é picaresca pero o código penal denomínao delito. Non toda conduta onde non se paga é considerada delito pero se se dan as circunstancias, o engano, se efectivamente esas persoas non pensaban pagar, e o intentaron ou conseguiron, iso é delito que pode ser leve ou supon penas de prisión", explica o avogado Pablo Romero

Un delito leve será se a conta que se deixou sen pagar non supera os 400 euros. A partir desa cantidade a infracción carrexa incluso penas de prisión entre 6 meses a 3 anos que aínda pode verse agravada. 

 "Ás veces estas persoas enfróntanse a alguén que non está afeito a moverse nestas circunstancias. Se ademais do ánimo defraudatorio se ameazou ou lesionou ao hostaleiro estamos falando xa doutros delitos que se xuntan co de estafa", advirte Romero

No mundo da hostalería aqueles que se dedican á organización de eventos xa hai tempo que eliminaron os riscos.

"Os compañeiros de profesión que se dedican aos casamentos cobran por adiantado, non hai problemas, é todo moi profesional, e o que quere pagar, non o dubida e non ten problema en pagar. Eu recoméndolle a todo o mundo que empece neste mundo que non teña medo porque a xente xa está moi afeita", explica Luís Veira, que sempre cobra por adiantado os eventos que se celebran no seu restaurante, a Árbore da Veira

O de pedir un número de tarxeta para unha reserva é tamén cada vez máis común pero non sempre é garantía de cobro para o hostaleiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade