Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un galego, entre os restaurantes candidatos aos TheFork Awards

Un galego, entre os restaurantes candidatos aos TheFork Awards

O D'Obra de Melide, candidato á mellor apertura de España

56 chefs con Estrela Michelín compoñen o xurado

A votación na páxina web de TheForks Awards 2026 está aberta ata o 11 de outubro

O D'Obra fai unha reinterpretación moderna das receitas tradicionais
G24.gal 16/09/2026 11:59

Está situado en Melide, a pé do Camiño, e no ano que leva aberto está dando moito que falar.

"Pasamos por diante e pareceunos moi acolledor, con todo isto cuberto con vexetación, e xa cando por riba vimos a carne e vimos todo, vaia, boísimo, boísimo. Encantounos", comenta unha peregrina.

Iso mesmo lles debeu parecer a Lucía Freitas e a Áxel Smyth. Eles foron os que propuxeron este restaurante para optar aos TheFork, que premian as mellores aperturas do ano en España. Na listaxe, que xa se pode votar, hai corenta e unha nominacións e só unha é galega. 

 "É unha aposta pola xuventude, pola proximidade, é unha persoa con ilusión, con ambición e con valentía de desenvolver un proxecto nunha zona tal vez máis difícil. É un proxecto en que destaca o sabor e o bo trato do produto", explica Áxel Smyth, chef con Estrela Michelin e membro do xurado.

Cociña tradicional e contemporánea, esa é a proposta de Andrés Torreiro, que con só 28 anos está á fronte dos fogóns. Formouse no Carlos Oroza de Pontevedra para logo peregrinar por algúns dos mellores restaurantes do país. Agora é el quen pon Melide no mapa dándolle unha volta á gastronomía con todo o aprendido.

  "Pois xogando con produtos con técnicas que fomos aprendendo en diferentes tipos de cociña e ampliándoas ás receitas antigas que había en Galicia", apunta Andrés Torreiro, xefe de cociña e xerente do D'Obra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar