Achegarse á tradición sefardí de Ribadavia a través do padal
Arranca a celebración da Semana da Cultura Sefardí cun obradoiro para aprender a facer doces hebreos
Aprendeu da súa nai e da súa tía os segredos da repostería sefardí. Hoxe Chema Dapena trasmite o seu coñecemento aos que se achegan o taller que imparte na Tahona do Camiño, en pleno barrio xudeo de Ribadavia.
Comezan facendo mamoul, un dos doces que non pode faltar nas celebracións hebreas máis importantes. Só a masa, lembra, leva 22 ingredientes. Froitos secos, dátiles, mel ou especias chegadas de oriente son a base duns produtos que se seguen a facer do mesmo xeito dende hai séculos.
A actividade busca dar a coñecer, a través do padal, a importancia que os xudeos tiveron na historia de Ribadavia. Forma parte do programa da Semana europea da Cultura Sefardí que se estenderá ata o vindeiro domingo e que inclue tamén visitas ao patrimonio, música ou charlas sobre a relación desta vila ourensá coa tradición hebrea.