Publicador de contidos

Publicador de contidos

Levan de madrugada bebidas valoradas en 15.000 euros dun almacén de Cerceda

Levan de madrugada bebidas valoradas en 15.000 euros dun almacén de Cerceda

Roubaron tamén unha das furgonetas de reparto e causaron estragos nas instalacións 

A Garda Civil de Ordes investiga o suceso rexistrado o sábado no lugar da Silva

G24.gal 12/10/2026 14:40

A madrugada deste sábado foi moi activa na Silva. Sobre as tres da mañá, os ladróns entraron nunha nave de distribución de bebidas deste lugar de Cerceda. Cortaron axiña a luz e a conexión a internet para inutilizar o sistema de alarma. Arramplaron cos viños máis cotizados que estaban nun expositor e no almacén centráronse na zona das bebidas alcólicas de alta gradación.

Os donos da empresa valoran a mercadoría dustraída nuns 15.000 euros. Pero a iso hai que sumarlle alomenos outro tanto para repoñer o que estragaron ao tentar mover o material cunha carretilla de palés. No percorrido danaron unha das estanterías de gran altura e un camión estacionado na saída. 

A maiores, a mercadoría levarona nunha das furgonetas da empresa, unha Volswagen Crafter branca sen rotular que polo de agora segue sen aparecer. Malia a todo o trafego que tiveron que facer os ladróns, os que viven arredor da nave non se percataron do que estaba acontecendo de madrugada. A Garda Civil de Ordes está a cargo da investigación e agárdase que as gravacións das cámaras de seguridade axuden a dar cos autores do roubo.

O sistema de alarma xa está de novo operativo, pero o que vai custar máis é recuperar a actividade habitual da empresa, porque, ao ser o luns festivo, aínda non puideron verificar ata que punto está danada a rede informatica e os sistemas de xestión. E tamén contan xa con que terán que alugar vehículos de reparto, porque amáis da furgoneta que levaron, os ladróns estraviaron as chaves do resto dos vehículos da empresa.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar