Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Farmacia Central de Lugo pecha por primeira vez en 100 anos

A Farmacia Central de Lugo pecha por primeira vez en 100 anos

Vense obrigados a facer unha reforma profunda porque os propietarios do segundo andar, onde está o laboratorio, non lles renova o alugueiro

Domingo Figueroa, propietario da farmacia e cuarta xeración da botica centenaria, recoñece que "nunca pensou que tivera que acometer esta reforma"

G24.gal 12/10/2026 14:47

Por primeira vez en máis de cen anos a Farmacia Central de Lugo pechará as súas portas. E estarán pechadas aproximadamente dous meses. Sita no corazón da cidade e todo un símbolo de Lugo, vese obrigada a facer unha reforma profunda para poder seguir ofrecendo formulacións maxistrais. O laboratorio está no segundo andar, onde sempre estiveron alugados, e agora os propietarios non lles renovan o contrato. 

A farmacia forma parte da historia e do patrimonio da cidade. O seu mobiliario, o chan, o espazo, as vidreiras, o seu bo facer. Son máis de 100 anos, desde 1918, abertos ao público sen pechar un só día. A formulación maxistral é o seu selo de indentidade e de calidade. Pero as deste martes 12 de outubro son as últimas ata aproximadamente dentro de dous meses. Os propietarios do segundo andar, onde está o laboratorio, declinan renovarlles o alugueiro. O que os obliga, irremediablemente, a unha reforma forzada e a sacrificar boa parte da botica centenaria. 

Desde a farmacia aseguran que a reforma supón "un drama familiar e tamén para a cidaddanía que lles pregunta por que a quteñebn que cambiar". Pensan manter toda a esencia e os mobiliario posible pero avisan de que "esta reforma forzada" cambiará sustancialmente a farmacia. Porén, agradecen o apoio neste proceso e aseguran que volverán con máis gañas e máis forza o próximo 14 de decembro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos