Rouban nunha igrexa de Nigrán
A Garda Civil investiga o roubo na igrexa de Priegue, en Nigrán
O ladrón ou ladróns levaron vários cálices, copóns, patenas e mesmo as formas que estaban dentro do sagrario
Sucedeu a plena luz do día. Unha ou varias persoas entraron na igrexa de San Mamede, na parroquia nigranesa de Priegue. Levaron da sancristía cálices, copóns, patenas e mesmo unha xerra de prata, pero o que causou máis conmoción foi que roubaron tamén dentro do sagrario.
"O máis triste e preocupante era o Sagrario, estaba pechado, aparentemente estaba intacto, pero faltaba a chave. Chamamos a cerralleiro e cando o abriu vin que non estaba o Santínismo, que o levaran. Iso foi o máis triste", relata o párroco, Juan Carlos Sendón Fojo.
O curioso do caso é que as portas non apareceron forzadas nin deixaron nada revolto. Tras o sacrilexio, o párroco anunciou que celebrarán unha eucaristía de reparación e desagravio.