Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falecen unha muller e unha nena no incendio dun restaurante en Teruel

Falecen unha muller e unha nena no incendio dun restaurante en Teruel

Unha terceira persoa foi evacuada da primeira planta do edificio por unha posible intoxicación

G24.gal 30/08/2026 20:13

Unha muller de 32 anos e unha menor de 9 faleceron este domingo nun incendio declarado nun restaurante de Cedrillas, Teruel, no que ademais unha terceira persoa foi evacuada da primeira planta do edificio por unha posible intoxicación, segundo informou a Garda Civil.

O lume declarouse na parte baixa do edificio, segundo informaron a EFE fontes da Deputación Provincial de Teruel, e estendeuse polo resto do edificio con moita forza.

Segundo estas fontes, nun primeiro momento as persoas afectadas polo incendio foron atendidas polos servizos sanitarios.

O aviso recibiuse sobre as 17:24 horas e ata o lugar desprazáronse 4 bombeiros, 2 oficiais e o xefe de garda da Deputación Provincial de Teruel, así como o helicóptero medicalizado do 112, unha UVI móbil, servizos sanitarios e 4 patrullas da Garda Civil.

O incendio deuse por extinguido ás 19:20 horas e a Unidade de Policía Xudicial da Comandancia de Teruel fíxose cargo da investigación.

Imaxe do restaurante incendiado Imaxe do restaurante incendiado
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade